viernes, 1 de abril de 2011

O RAPACIÑO E O PENCAS NA BUCETA. "GALEGO. Á BEIRA DO MAR"

Daniel do Rego Martinez e Alejandro Mouriz Gorgozo, do CEIP de Pazos, recrean unha escea das que nos describe Xoán Farias en "Galego. Á beira do mar", homenaxeando a relación entre avós e netos, entre o Rapaciño e o Pencas, adicado a Xoán Farias, co gallo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2011.

jueves, 24 de marzo de 2011

AS BUCETAS DE "GALEGO. Á BEIRA DO MAR"

Os nenos e nenas do CEIP de Pazos, coa axuda das súas familias, recrearon a portada de "Galego. Á beira do mar", de Xoán Farias, en tres dimensións, co gallo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2011
Música de Mamá Cabra. Música "Nadando Sen Parar" de Mamá Cabra (Google Play • iTunes)

IMPRESIÓNS SOBRE "GALEGO. Á BEIRA DO MAR"

Os rapaces e rapazas do 2º e 3º ciclo de Primaria do CEIP de Pazos cóntannos as súas impresións sobre o libro "Galego. Á beira do mar", escrito por Xoán Farias e ilustrado por Xosé Cobas, da Editorial Kalandraka, co gallo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2011.

lunes, 21 de marzo de 2011

ELES CONTAN: "GALEGO. Á BEIRA DO MAR"

Paula Cobo, Lucía Huergo, David Medin e Laura Sanjurjo contan aos pequenos do cole de Pazos o conto "Galego. Á beira do mar", de Xoán Farias, co gallo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2011.

AO RAPACIÑO, de "GALEGO. Á BEIRA DO MAR".

Os nenos e nenas do CEIP de Pazos, Ferrol, pescan xurelos e sardiñas, rendéndolle homenaxe ao "Rapaciño" de Galego. Á beira do mar", escrito por Xoán Farias e ilustrado por Xosé Cobas, da Editorial Kalandraka, do gallo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2011.